Blogger Template by Blogcrowds.



Ao longo deste primeiro trimestre o alumnado de primeiro de ESO que forma parte do club de lectura Científico estivo lendo o libro “EXO: A bioloxía nunca fora tan sexy” da editorial La Galera.
Nel descríbese a historia de Ziggy Stardust, un rapaz adolescente pertencente ó planeta Krokus e que, tras gañar un concurso de ciencias, obtén como premio unha viaxe ao planeta Terra no cal terá que realizar unha misión secreta.
Durante a súa estancia neste planeta, Ziggy descubre que o ser humano está acabando co mesmo: contaminación, efecto invernadoiro, cambio climático,  eliminación da cuberta vexetal, exceso de capturas animais... pero tamén decátase de que hai avances que benefician a sociedade e que existen persoas como a súa amiga Eva que loitan para que a Terra sexa un lugar máis confortable para vivir.

Será capaz de completar a misión que tiña encomendada?

Durante as sesións nas que estivemos comentando diversos fragmentos do libro, o alumnado tamén puido descubrir termos tan descoñecidos para eles como clonación, alimentos transxénicos, xene, proxecto xenoma humano... debater sobre os mesmos así como realizar aportacións sobre o que eles coñecían ou tiñan curiosidade por saber.
Ademais, xa que Ziggy era un gran admirador de certos grupos de música que existían na Terra, algunha das sesións foi amenizada con documentos sonoros dos mesmos.
Para mostra, un botón (botóns que certamente eran descoñecidos polo alumnado):



Oliver Twist


No club de lecturas ilustradas fomos un paso máis alá este primeiro trimestre combinando a lectura deste libro que conta con varias ilustracións cos álbums ilustrados. Levounos moito tempo, debido precisamente ao tipo de alumnado que temos nun dos grupos, pero a lectura resultou satisfactoria. Hai que dicir que faciámola en voz alta e todos xuntos para facilitar o achegamento ao texto. Pero foi unha experiencia moi interesante que rematou co visionado da película para na última reunión falarmos das diferenzas que existen entre ler un libro e ver un filme. Algo novo para eles, posto que nunca viran unha película despois de ler o libro correspondente.
Por suposto, lemos a versión en lingua galega que esta editorial nos ofrece na súa colección "Cucaina".




Jordi Sierra introdúcenos nun mundo oculto, ese que ás veces non sabemos ou non queremos ver.

Esto y Eso

O club de lectura de poesía estivo a ler esta obra de Raúl Vacas para logo convertérense en poetas.


Aquí deitamos uns poucos dos resultados:

Llego a clase tarde
cojo los libros
y velo los niños.
La profesora me riñe
hago los ejercicios
y me como un bocadillo.              (Marcos Doval)

El frío invernal
yo metido en un berejenal
después de haber chocado
los pitufos me han multado
y aquí me encuentro yo
flipando con lo que me rodea
deseando ser absuelto
tras hacer algo que petardea            (Santomé)

En clase durmiendo
sueño con angelitos
ovejas, cabras y
corderitos, me despierto,
veo encerrados, ejercicios
y un profesor riñendo
a los niños                                       (Tomás Viana)


O primeiro libro que escollemos para ler no Club de Lectura Matemática este primeiro trimestre foi El diablo de los números, porque traballamos a Aritmética no primeiro trimestre dentro da programación oficial de 4º de ESO, e este libro está relacionado xa que fala de curiosidades dos números como tales. A lectura facémola entre todos e todas unha vez á semana, a medida que avanzamos imos realizando as oportunas explicacións.

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio