Blogger Template by Blogcrowds.

Apadriñando

Por vez primeira, o noso Club de Lectura pola Igualdade realizou esta actividade. E o resultado foi magnífico!  Achegámonos ao colexio de Prado para lles contar contos aos nenos e nenas de 1º e 2º. Estaba un día estupendo e ocupamos os diferentes espazos verdes dos que este colexio goza. 
Logo, o alumnado de 6º quixo homanexear esta visita cun teatro de sombras do conto "Orellas de bolboreta" que nos deixou pampos pola súa profesionalidade.
E aínda por riba, saímos na portada do Faro de Vigo ao día seguinte.




Esta novela  escrita pola autora taiwanesa Jenny Witterick  chegounos ao corazonciño máis tenro que todos temos.




 É a primeira novela desta escritora afincada en Canadá e esperamos que non sexa a derradeira.

A obra ten o drama do holocausto xudío como fondo, un tema moi tratado na literatura xa . Pero a historia que nos conta Witterick ten un toque diferente. A montaxe narrativa a catra voces  é un xogo de pezas que  hai  que ir encaixando e esa técnica propia dun puzzle  fai de gancho para o  lector.

O club de lectura  dalle un OK a esta deliciosa noveliña chea de coraxe e altruísmo.

“A min persoalmente  gustoume moito este libro porque nos demostra que aínda hai xente boa e xusta no mundo, xente que está disposta a poner en perigo a súa propia vida por salvar a dos demais” . Soledad Otero parece que o  ten claro.

A Sonia García parece que tamén lle tocou a fibra esta novela. “É unha fermosa historia chea de respecto, amor, compaixón, tristeza, bondade , coraxe e xenerosidade. Esta xoia de libro é máxico e con el daraste conta de que por moitos problemas que teñas na vida sempre pode haber xente cunha situación peor. . A min gustoume moito esta historia baseada en feitos reais porque os bos valores que esperas da xente na vida están todos neste libro”.

Tres estrelas  “meulibrín” para a obra de Witterick.

Neste enlace podes ver unha pequeña entrevista  coa autora  

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio